domingo, 31 de enero de 2016

A MIÑA EXPERIENCIA NO PROXECTO

Ao principio do proxecto tiven que buscar empresas sustentables que hai en Vigo, entre elas encontrei "Plascies" , unha empresa que adícase a fabricación de obxectos con plásticos reciclados, a que decidimos mandarlle a nosa sulicitude a través do correo eléctronico para elaborar o noso proxecto sobre ela. Tamén tíñamos outra empresa "Vigo Recicla" que puxémonos en contacto con eles  pero resultaba que nin reciclaban nin traballaban con nada sustentable, polo que descartamos esta opción .

Despois de enviar o modelo de solicitude e contactar con moitas empresas, ningunha nos deu a opción de entrevistala ou facer o proxecto sobre elas polo que este se nos puxo moi costa arriba, pero entón chegou a nosa "salvación", unha das nosas profesoras axudounos a contactar con unha empresa cercana a Vigo na que traballaba un dos seus antigos compañeiros da universade, Moises, o propietario da empresa, isto fixo que me puxera a buscar información sobre ela ( donde estaba situada, que actividades sustentables realizaba, en que consistía o traballo que realizaban...)
Entón chamamos a empresa e falamos con Moises para que nos dera unha cita para ir a Cangas a visitar a súa empresa y realizar a entrevista que fixera en clase, esta etapa do proxecto foi a máis difícil.

De seguido tiñamos que ir a visitar a empresa. Alí presentáronos a Eva a cal axudounos a contestar todas as preguntas que tiñamos sobre a empresa. Creo que a entrevista e a visita a empresa foi o máis doado do proxecto grazas a Eva.

En conclusión, o grupo traballou moi ben, en xeral, repartímonos ben as tareas e agora de traballar na clase fomos moi hábiles aínda que tivesemos moitos problemas no proxecto, isto axudoume a aprender a pensar e buscar solución para os obstáculos que se nos presentan na vida, neste caso no proxecto, e non facer todo a primeira e sen pensar.
O que cambiaría despois de todo sería a miña actitude que tiven ao principio xa que si comparamos a actitude cando empezamos o traballo á actitude coa que o rematei hai un gran cambio. Ao principio non o tomaba moi enserio pero a medida que foi avanzando o proxecto eu colli máis ganas e a miña actitud cambiou.

Foi un traballo moi divertdo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario